Optimiza a xestión do teu centro con Clinni

A solución para xestionar o día a día do teu centro dunha forma sinxela. Desenvolvido para profesionais da saúde.

hero-section
intro-section

Unha boa organización marca a diferenza.

Descubre a comodidade de usar Clinni. Déixate guiar polas súas interfaces e pola súa estrutura, notarás os anos de experiencia en xestión de clínicas que temos ás nosas costas.

Clinni axúdache a centrarte no verdadeiramente importante: atender aos teus pacientes. É sinxelo e intuitivo de manexar, apenas hai curva de aprendizaxe. Desde o primeiro momento sacaráslle o máximo partido.

E, para que te poidas adaptar aínda máis facilmente REGALÁMOSCHE UN MES GRATIS AO REXISTRARES.

Equipo de profesionais

Clinni non é un produto pechado. Hai todo un equipo de profesionais dedicado a estudar as necesidades da comunidade para integralas na aplicación.

Comunidade

Dálle un paseo pola nosa comunidade e verás o ritmo de crecemento e incorporación de novas funcionalidades. Actualizacións constantes!

A mellor opción

Ademais do seu crecemento e posicionamento no sector, temos moitas melloras en desenvolvemento para facer de Clinni a mellor opción do mercado.

Toma o control do teu negocio

Hai unha chea de cousas que podes configurar para que se adapten a ti en Clinni e, aínda así, todo funcionará perfectamente aínda que non toques nada.

Pacientes

Buscador avanzado con infinidade de parámetros de configuración, campos personalizados para a ficha do paciente, encerados onde poidas marcar puntos para seguir as evolucións, exclusividade de pacientes para determinados profesionais,...

Comunicación

Crea recordatorios de forma automática e personaliza as mensaxes. Elixe a canle que máis che guste para comunicarte: Correo electrónico, SMS, WhatsApp, Telegram.

Citas

Xestiona as citas desde un completo calendario e optimiza o teu rendemento. Inclúe ferramentas de todo tipo e multitude de opcións de visualización.

Utilidades

Esquece de imprimir, escanear... ofrece aos teus pacientes a posibilidade de asinar documentos desde a túa propia tableta ou teléfono sen saír de Clinni. Xera resumos "ao voo" das conversas cos teus pacientes grazas á IA.

Facturación

Controla gastos/ingresos de forma simple, recibos, facturas, series... Clinni integra o sistema de facturación TicketBAI e Verifactu.

Seguridade

Clinni é 100% Cloud e 100% responsive. Poderás acceder á aplicación desde calquera dispositivo con conexión a Internet. 100% Seguro. Cumprimos coa normativa vixente en política de protección de datos.

Migramos os teus datos GRATIS

Se queres vir a Clinni, facémosche a migración dos datos SEN CUSTO NINGÚN.

Só tes que contactar connosco en hola@clinni.com.
Pedirémosche que nos fagas chegar unha copia da túa base de datos do teu programa anterior e nós encargaremonos de todo.

Agora si que non tes escusas.

migration-section

O soporte que necesitas.

Sempre á túa disposición, podes atoparnos no correo electrónico de soporte hola@clinni.com e na comunidade. Calquera cousa coa que trabes, dúbida, problema... cóntanolo, estamos aquí para axudarche.

Unha gran comunidade.

Participa, comenta, pregunta, responde, valora, comparte... Únete á nosa comunidade e convértete nun auténtico gurú de Clinni. Sendo activo contribuirás a facer un Clinni mellor para todos :)

E o mellor: O PREZO

17,95€ (+imp.) Sábelo, é difícil de crer: todas as funcionalidades, soporte, a migración dos teus datos, videotitoriais e a constante evolución por unha tarifa sen competencia.

Clinni está dispoñible en...

gift-section

Un mes GRATIS ao rexistrarte.

Rexistrares gratis en Clinni e goza dun mes de Clinni ao creares o teu centro.
Descubre sen limitacións por que Clinni é a solución que necesitas para xestionar a túa clínica.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso.  Máis información